venres, 21 de febreiro de 2014

CONSTITUÍDA A PLATAFORMA DA COLUMNA GALEGA EN PONTEVEDRA COMARCA

Folla informativa
Este martes 20 de febreiro tal como se tiña anunciado celebrouse unha asemblea no salón de actos do edificio de sindicatos de Pontevedra. Durante o trascurso da asemblea informouse a aquelas persoas e colectivos que se achegaron en que consisten as marchas e que outras columnas, ademais da galega, sairán cara a Madrid desde outros territorios do estado.
Como noutras cidades, en Pontevedra, tamén haberá unha manifestación de apoio ás marchas este mércores 26 de febreiro con saída desde a Praza da Peregrina ás 20h. Para anunciar esta manifestación ademais de megafonía, cartelería e pancartas pola cidade e contorna, haberá tamén un grupo de persoas este sábado 22 a partir das 12h repartindo follas informativas e informando a todas aquelas persoas interesadas en coñecer a iniciativa.
Ademais de facer un chamamento a veciñanza a acudir á manifestación tamén se quere animar a todas aquelas persoas e colectivos interesados a participar nunha nova asemblea aberta a celebrar o xoves 27 a partir das 20:30 no salón de actos do edificio de sindicatos de Pontevedra.

1 comentario: