venres, 28 de febreiro de 2014

NOTA DE PRENSA DA PLATAFORMA VIGUESA EN APOIO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE


Manifestación do 26F polas Marchas da Dignidade en Vigo - video de galizacontrainfo


SEGUIMOS A DIFUNDIR AS MARCHAS POR TODA A GALIZA.

Hoxe, venres 28 de febreiro, ás 21 h., en Vigo, terá lugar unha charla informativa no Bou Eva, con algúns dos representantes da Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade: Estela Miller (Esquerda Unida), Manolo Camaño (Central Unitaria de Traballadores) e X. Carlos Costoya (Sindicato Ferroviario).


E o sábado, 1 de marzo, nos Capuchinos, tamén en Vigo, ás 18 horas, levarase a cabo un dos dous actos principais das Marchas en Galiza, nos que intervirá Diego Cañamero, voceiro do SAT.  O outro será en A Coruña o día 2, domingo, as 12 do mediodía no salon de actos da Asoc. de .VV. Os Anxos


xoves, 27 de febreiro de 2014

Diego Cañamero en Galicia

EN VIGO , Sábado ás 18h.

NA CORUÑA , Domingo 2 de Marzo ás 12h.

Fotos das Manis galegas de apoio ás Marchas da Dignidade

 Compostela
 Vigo
 Lugo
 Ferrol
 A Coruña
 Ourense
(Foto de Brais Lorenzo, do Faro de Vigo)



Pontevedra

Manifestación en Pontevedra e nova asemblea aberta

Este 26 de febreiro en Pontevedra un centenar de persoas percorreron as rúas da cidade en apoio ás Marchas da Dignidade. Con berros como "queremos traballar e non mendigar", "na mobilización está a solución" entre outros para protestar contra as políticas antiobreiras e regresivas no social do goberno español e a troika.
A manifestación de onte serviu para dar a coñecer na rúa a iniciativa das Marchas da Dignidade para enchermos Madrid  o 22 de marzo, así como os obxectivos que se pretenden e que foron descritos ao final da manifestación coa lectura do manifesto.

Para seguir artellando e organizando as actividades para dar a coñecer esta iniciativa este xoves, 27 de febreiro, a partir das 20:30h haberá, no salón de actos do edificio de sindicatos, unha nova asemblea aberta a todas aquelas persoas e colectivos interesados.
Lembramos tamén que se poden reservar os bonos da viaxe cara a Madrid no local da CGT en Pontevedra de 19 a 21h de luns a venres.
Máis fotos da manifestación en Pontevedra aquí.
A nova da manifestación no Faro de Vigo Diario de Pontevedra

Manifestación en aopio ás marchas da dignidade A Coruña

A pesar da choiva, centenares de persoas déronse cita na manifestación de A Coruña en apoio ás Marchas da Dignidade do 22M. Sorprendeu a presenza policial con cinco furgóns da UIP, e outro máis na chegada. Ó mellor estaban alí para apoiar a protesta. Durante o percorrido, Stop Desafuizamentos fixo un acto simbólico na rúa Pai Feijoó, onde se produciu o desafiuzamento de Aurelia, un caso ben coñecido na cidade. Alí, cambiaron a placa do nome da rúa por outra: "Rúa da desobediencia".


Tamén pasamos a entrevista que fixeron a Santiago, da Fronte Cívica, falando da manifestación e das Marchas da Dignidade. A partir do minuto 28.

http://www.ondacero.es/audios-online/emisoras/galicia/coruna/programas/coruna-onda-26022014_2014022600107.html

Seguimos a pedir á xente de Santiago, Ferrol e Lugo, e otras localidades do norte, que nos envíen os seus datos a frentecivicocoruna@gmail.com se se queren apuntar o tren que irá a Madrid.

No Telexornar serán da TVG: Video resumo das Manifestacións do 26F en apoio das Marchas da Dignidade


Varias manifestacións en apoio da "Marcha da Dignidade" percorreron distintas localidades galegas. Celebráronse ás oito da tarde en Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense e Vilagarcía. Estas marchas, convocadas por distintos colectivos, protestan contra unha situación de "urxencia social". @s representantes das plataformas instaron os cidadáns a dar un golpe de voz para reconquistar os dereitos que, segundo din, están sendo roubados polo Goberno. Todas as marchas converxerán o vindeiro 22 de marzo en Madrid.


mércores, 26 de febreiro de 2014

Asemblea aberta marchas da dignidade en A Coruña

Nova asemblea para seguir traballando na organización das marchas do 22M e na manifestación do 26F. Están invitadas todas as persoas, colectivos e demais organizacions, sexan do tipo que sexan. Ampliouse o prazo para fletar o tren despois das negociacións dos sindicatos. 

@s galeg@s imos a Madrid o 22M.
@s que queiran apuntarse para ir no tren, apuntarse antes do 06M neste correo: frentecivicocoruna@gmail.com ou neste formulario

http://corunha.info/evento/2224

A DIFUSIÓN DA MANI DE HOXE, VAI VENTO EN POPA!!




Acto Central da Marcha Galega da Dignidade, sábado 1 de marzo ás 18h en VIGO


A Comarca de Redondela Súmase á Columna Galega das Marchas da Dignidade

Onte, nun auditorio concurrido en Redondela, celebrouse un acto informativo sobre as Marchas da Dignidade, onde se explicaron  os pormenores para asistir o 22 de Marzo a Madrid e previamente a tódalas manifestacións de apoio a esta iniciativa dos distintos territorios e Nacións do estado español.
"Este chamamento vai dirixido ás asociacións, plataformas de afectados, grupos veciñais, organizacións políticas, intelectuais, artistas, e a todo tecido dos movementos sociais de Redondela, a súa comarca e de Galicia, preocupad@s pola conxuntura que estamos a sofrir como traballador@s, como cidadáns e como País.

É coñecido de tod@s que o vindeiro 22 de Marzo, van confluir en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para decir basta xa!, á política do goberno e da Troica. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está a aglutinar á maioría do movemento sindical alternativo, ás organizacións políticas anticapitalistas e ós movementos sociais, ó longo e ancho do estado español.
Polo dito, as organizacións sindicais: CUT, CGT,SF-IN, S. Elevación, SLG e STEG, deron o primeiro paso para confluir nunha gran Plataforma Galega de apoio ás Marchas da Dignidade. A día de hoxe máis de cuarenta colectivos sociais, culturais, políticos ou cidadáns téñense xa integrado nesta Plataforma.O 22 de marzo vai ter un antes e sobre todo un despois. O antes é Escher de contido e de masas na rúa, este camiño de confluencia unitaria contra o sistema que nos oprime. Nese sentido e en apoio das Marchas da Dignidade están convocadas para o próximo mércores 26 de febreiro, ás 20,00 horas MANIFESTACIÓNS nas cidades galegas de, Ferrol, A Coruña, Compostela, Lugo, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo e Ourense.A MANIFESTACIÓN de Vigo, sairá ás 20,00 horas da Praza de Fernando o Católico. Desde a Plataforma faise un chamamento ós homes e mulleres da nosa comarca para Escher as rúas de Vigo.

Tamén o día 1 de marzo, haberá o acto central da Columna Galega ás Marchas da Dignidade en Vigo. Será ás 18 horas no salón de actos dos Capuchinos, onde intervirá o portavoz do SAT, Diego Cañamero.

O mércores 26, tod@s a Vigo, e o 22-M, @s galeg@s, tamén iremos a Madrid!!."

martes, 25 de febreiro de 2014

Rolda de prensa da Plataforma de A Coruña en apoio ás marchas do 22M


Hoxe, as 11:00 da mañá, a Plataforma de A Coruña en apoio ás marchas do 22M convocou unha rolda de prensa para informar da manifestación do día 26, as 20:00 na Praza de Portugal, para falar das propias marchas e tamén para informar ós medios da presencia de Diego Cañamero o día 2 de Febreiro en A coruña, no local da Asociación Veciñal Os Anxos, bo Birloque, Avda. De Glasgow 5. Lembrade que temos unha lista de xente apuntada, e que se queredes asistir podedes enviar os vosos datos a frentecivicocoruna@gmail.com indicando nome, apelidos, localidade, correo e un teléfono de contacto. Tamén temos este formulario. O tren que sae de A Coruña é o mesmo que pasa por Santiago e Ourense, así que temos que facer unha lista conxunta para ese tren. Nós levamos tamén a de Ferrol, e podemos levar, se queredes, a de Lugo, que poderían vir a Coruña a coller o tren.
Neste intre temos 100 persoas na nosa lista.

Presentación da Plataforma de Compostela de Apoio ás Marchas da Dignidade



Bo día e grazas por virdes. Somos a representación da Plataforma de Compostela de Apoio ás Marchas da Dignidade que irán a Madrid o 22 de marzo dende varios puntos da península. Existen outras plataformas noutras cidades e comarcas de Galicia. A columna galega confluirá na capital do Estado con todo o sindicalismo e asociacionismo alternativo xunto cos movementos sociais. E convocámosvos nesta rolda de prensa por dúas cuestións fundamentalmente:
1)   Manifestación de mañá mércores 26 de febreiro aquí en Santiago. Trátase dunha marcha local de apoio e pra xuntar folgos prá gran mobilización do 22M en Madrid que acabamos de nomear. Simultaneamente haberá outras manifestacións de respaldo no resto de urbes galegas. A nosa partirá ás 20 horas dende a Porta do Camiño e esperamos que concorra moita xente.
2)   Anunciar que pra ir a Madrid o 22M pódese calquera persoa inscribir pra ir en tren a un prezo moi económico. Pode anotarse chamando ó sindicato CUT Compostela (981-584-427) ou se non a través de Rafa do Pico.
As Marchas da Dignidade son e van ser unha contestación social sen precedentes e o pobo galego non pode ficar excluído. A clase traballadora galega ten unha responsabilidade, ten DIGNIDADE e vai estar en Madrid confluíndo cos actores alternativos e subversivos de todo o Estado Español. Alá cada quen se non se quere vir.
Aí veñen agora unhas eleccións europeas. Anda o panorama político bastante revolto e ninguén se fai cargo dos ritmos que esixe a sociedade damnificada. A maioría sindical tampouco. Pero nós queremos insistir: todo o que non pase pola mobilización unitaria, e permanente non vale de nada. Aquelas forzas da esquerda que se din tal ou que se din transformadoras deberan estar aquí connosco. Aínda non é tarde e pódese ir adherindo quen queira. É esta unha plataforma aberta, plural e sen caudillos de ningún tipo. Simplemente respondemos ás pulsións da rúa. Nós si imos estar cos movementos sociais, co colectivo de pensionistas do estranxeiro, co preferentista, coa xente parada e desafiuzada. Con toda a clase traballadora, como tamén o son o estudantado da lei Wert e as vítimas que vai haber pola violencia da nova Lei do Aborto. Entendemos que sen  toda esa loita unitaria, seguramente no momento actual esteamos as organizacións abocadas ó fracaso. Mais por nós non vai quedar e imos estar canalizando toda esa indignación en Madrid o 22M.
Recordar novamente o do tren, que se apunten ó Tren da Dignidade o 22M porque isto vai seguir e non vai acabar nesta data emblemática. Vai haber máis mobilizacións, máis movementos ata que poñamos en cuestión o sistema e o réxime borbónico. E esta mobilización en  Madrid vai ser masiva. E a nosa nación vai contribuír significativamente coa Columna Galega que chegará en tren a Madrid.
Por iso a estamos apoiando con esta marcha de mañá mércores aquí en Compostela e no resto de cidades do país. Esperamos alí ó pobo santiagués ás 8 da tarde na Porta do Camiño. 

Se hai Dignidade, non se pode faltar! Moitas grazas.


Apoio do Colectivo Nacionalista de Marín ás mobilizacións da Marcha da Dignidade

O próximo mércores estamos convocados a unha manifestación para apoiar as Marchas da Dignidade que van desembocar en Madrid para manifestarse o 22 de marzo. A Plataforma Galega de Apoio ás Marchas ten convocada unha manifestación en todas as cidades galegas para este mércores, 26 de febreiro, ás 20h. Desde o Colectivo Nacionalista facemos un chamamento a toda a clase traballadora a participar nesta mobilización en Pontevedra que sairá da Praza da Peregrina.
Esta iniciativa de distintas organizacións sindicais, sociais e políticas de todo o estado pretende sumar as reivindicacións de múltiples sectores afectados polas políticas antisociais do estado, contra os recortes sociais, as privatizacións dos servizos públicos, contra a represión á actividade política e social reivindicativa, contra a pobreza e os desafiuzamentos, contra a discriminación racial; en definitiva contra un sistema inxusto que utiliza a crise económica como coartada para destruír a clase traballadora.
A sociedade ten que reaccionar e mobilizarse para esixir o fin destas políticas, pero debemos ir máis alá e lograr un cambio de sistema económico. Un sistema que poña por diante os intereses do pobo fronte aos do capital. Para iso temos que evitar que estas marchas da dignidade poidan ser instrumentalizadas por elementos que só buscan afortalar a súa imaxe, xusto cando estamos ás portas dunhas eleccións como as europeas, non podemos permitir que todo o traballo de concienciación sexa vampirizado para darlle ás aos que só pretenden aproveitarse, unha vez máis, da boa fe do pobo traballador.
Estamos nunha situación límite onde se nos están a impor desde os distintos gobernos, os de antes e os de agora, os centrais e os autonómicos,  a precariedade laboral, o recorte dos salarios, o despedimento libre e as mulleres son tratadas como persoas de segunda categoría.
Debemos dar unha resposta conxunta e contundente capaz de derrubar este réxime corrupto, caduco e ao servizo do capital, mais sen esquecermos tampouco que Galiza ten unha posición periférica e sofre un modelo económico colonial. Somos unha nación sen estado sometida polo estado español e integrada na Unión Europea, e entre uns e outros pactan e deciden o futuro do noso pobo e dos nosos sectores produtivos incrementando a explotación e a precariedade.
Botamos en falta na convocatoria das Marchas da Dignidade unha maior  reivindicación da dignidade dos pobos, das nacións sen estado, e do seu dereito a autodeterminación. Ninguén vai solucionar os nosos problemas, só coa auto-organización do pobo galego poderemos facerlle fronte á política centralizadora que nos impón o tándem PP-PSOE.

Temos pois que mudar a realidade, mais sen perder a perspectiva de sermos o pobo galego, que se manifesta xunto con outros pobos, o basco, catalá, andaluz… en pé de igualdade para reivindicar un cambio de rumo e os seus dereitos nacionais.

O Sindicato Labrego convoca á cidadanía a participar nas manifestacións de apoio na Galiza á Marcha da Dignidade


http://www.sindicatolabrego.com/themes/default/images/slg_logo.gif 
O Sindicato Labrego Galego, como organización sindical integrante da Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade que converxerán en Madrid o vindeiro 22 de marzo, convoca á cidadanía galega a participar nas manifestacións de apoio a esta iniciativa que se celebrarán en Ferrol, A Coruña, Vigo, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa o vindeiro mércores, 26 de febreiro, ás 20:00 horas. De seguido, transcribimos o manifesto que acordamos as organizacións convocadoras.


MARCHAS DA DIGNIDADE DO 22 DE MARZO: UNIFICAR AS LOITAS PARA A TRANSFORMACIÓN REAL
Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid o próximo 22 de marzo, as organizacións sindicais, sociais e cidadás de Galicia asinantes, manifestamos o seguinte:
Apoiamos as Marchas ante o gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financeiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron: empregos minimamente dignos, sanidade, educación, servizos sociais básicos, prestacións por desemprego, cultura, vivenda, transportes públicos, etc., están desaparecendo coa escusa dunha crise que é a coartada que xustifica todo tipo de desmandos.
Se a isto lle engadimos as medidas represivas que están a levar a cabo contra os dereitos de manifestación, folga ou expresión de todo aquel que se lles enfronte con decisión, o panorama non pode ser máis desolador.
Tras a nefasta Reforma Laboral que sementa dor por todas partes, na actualidade pretenden aprobar leis profundamente autoritarias e retrógradas: a lei de Seguridade Cidadá e a Lei do aborto son unha mostra disto. Todos seremos posibles obxectivos desta lexislación, que deixa nas mans do poder político e do empresariado unha patente de corso para actuar con total impunidade. Toda unha batería de medidas reaccionarias que atenta contra nos, como cidadáns e que nos nega como País.




A PLATAFORMA DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS apoia as MARCHAS DA DIGNIDADE



A cultura, no persoal e no colectivo, confórmanos como cidadáns, dános as ferramentas que nos capacitan para actuarmos como seres autónomos, con capacidade crítica na plenitude dos nosos dereitos, ao tempo que nos xunguen a unha colectividade maior na que vivimos e nos desenvolvemos. Coa cultura somos.
Os profesionais das artes escénicas e o público para o que traballamos, vivimos coa pavorosa sensación de estarmos inmersos nun claro DESMANTELAMENTO CULTURAL, provocado pola falta de ideas e plans de futuro, lexitimado coa máscara da crise.
Opoñémonos á pretensión de facer da cultura elite, a que se considere o traballo un artigo de luxo ou unha vivenda un privilexio. Manifestamos o noso rexeite ás políticas encamiñadas a desmantelar a sanidade e educación públicas, que xunto coa cultura son dereitos fundamentais da cidadanía como piares dunha sociedade democrática.
Así mesmo, queremos evidenciar que esa política de recortes e de redución de gasto a calquera prezo se asenta nunha gran mentira, que agacha desposuir á clase traballadora dos dereitos laborais e sociais que garantan unha vida digna.
Na defensa dos nosos dereitos como traballadoras/es, e na defensa do dereito á cultura, a PLATAFORMA DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS apoia as MARCHAS DA DIGNIDADE do día 22 do marzo.


A PLATAFORMA DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS está integrada, entre outras, polas asociacións profesionais:
AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia)
Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas)
Asociación Galega de Músicos ao Vivo
Salas De Teatro Privadas
Asociación de Artistas de Rúa


Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns de Marín amosa o seu apoio ás Marchas da Dignidade

O Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns quere amosar o seu apoio á iniciativa das Marchas da Dignidade que rematarán cunha gran manifestación en Madrid o vindeiro 22 de marzo.
As Marchas da Dignidade son unha iniciativa de distintos sindicatos, organización sociais e políticas que pretende facer confluír en Madrid o 22 de marzo a columnas de traballadoras e traballadores e que partirán de diferentes cidades do estado español. O motivo das marchas resúmense en tres consignas “Non ao pago da débeda”, “traballo digno (ou renda básica)” e “casa e servizos públicos para tod@s”.
O MVPBC naceu pola necesidade de lle dar resposta aos ataques contra os bens públicos e dereitos sociais, laborais e liberdades públicas que, coa escusa da crise, se están a ver acelerados. Estes ataques en forma de privatizacións, recortes orzamentarios e modificacións de leis están deixar desamparadas e sen acceso a servizos públicos, como a sanidade, a cada vez máis persoas.
Cremos que a concienciación e a mobilización da clase traballadora son o único camiño para derrubar este sistema que nos condena a ser as e os escravos do século XXI. Por iso, desde o Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns apoiamos as Marchas da Dignidade e calquera outra iniciativa que teñan como obxectivo dar unha resposta capaz de facer virar esta situación.
Como un primeiro paso para espallar e dar a coñecer as Marchas da Dignidade, a Plataforma Galega de Apoio ás Marchas ten convocada unha manifestación en todas as cidades galegas para este mércores, 26 de febreiro, ás 20h. O MVPBC chama a veciñanza de Marín e Pontevedra a participar na manifestación de Pontevedra que sairá da Praza da Peregrina.
Así mesmo, chamamos as veciñas e veciños de Marín a participar na manifestación convocada pola Alianza Social Galega en Pontevedra o xoves 27 de febreiro para protestar contra as políticas económicas e sociais do Goberno. Lamentamos unha vez máis que a pesar da grave situación que está a pasar a clase traballadora o sindicalismo non pactista e alternativo marchen por separado e non fagan un frente común que sirva para mudar a realidade que nos toca vivir ás e aos traballadores.
http://movementobenscomuns.wordpress.com/

luns, 24 de febreiro de 2014

HOXE AS 23:5OH. O BLOG ACADA AS 5000 VISITAS

Presentación en Lugo da plataforma de apoio ás Marchas da Dignidade

Nace en Lugo a plataforma de apoio ás Marchas da Dignidade, que culminarán o 22 de marzo en Madrid


O colectivo foi presentado esta mañá na Casa Sindical


ALBERTO LÓPEZ
ALBERTO LÓPEZ
O salón de actos da Casa Sindical, na Ronda da Muralla, acolleu esta mañá a presentación da plataforma de Lugo en apoio ás Marchas da dignidade, que culminarán o vindeiro 22 de marzo, sábado, en Madrid. O obxectivo da alianza é xuntar esforzos «para que estas marchas culminen con éxito, xa que a finalidade é a de denunciar a situación de crise que estamos padecendo, así como plantexar unha serie de reivindicacións por medio da actuación pacífica e directa», segundo destacan os promotores do colectivo. «Non ao pago da débeda», «Nin un recorte máis», «Fóra os gobernos da Troika» e «Pan, traballo e teito para todos e todas» son algunhas das reivindicacións do manifesto conxunto.

AUTOBUSES DESDE O MORRAZO PARA ASISTIR Á MANIFESTACIÓN DO DÍA 26 EN VIGO.

Para a xente do Morrazo, que queira asistir á manifestación do mércores en Vigo, haberá un servizo de buses baratos, que nos deixarán na Praza de Fernando o Católico e nos recollerán para a volta ó Morrazo na Estación Marítima.

Os buses sairán ás 19 horas desde a Estación de Autobuses de Cangas e recollerán a xente tamén en Moaña.

Previamente hai que reservar a praza, chamando ó teléfono 986 392003.

O prezo de ida e volta será de 5 €.

Ourense sumase ás Marchas pola Dignidade. PRESENTACIÓN AOS MEDIOS DE COMUNICACION OURENSANS





Rolda de prensa de presentación das Marchas da Dignidade en Pontevedra

Este luns 24 de febreiro, Día de Rosalía, tivo lugar unha rolda de prensa en Pontevedra para presentar a iniciativa das Marchas da Dignidade e a manifestación deste mércores 26 de febreiro ás 20h.
Miguel Cuña, da CGT, e Francisco Currás, da CUT, explicaron aos múltiples medios de comunicación presentes na rolda de prensa que as Marchas da Dignidade é unha iniciativa de distintos sindicatos, organizacións sociais e políticas para encher Madrid nunha gran mobilización o vindeiro 22 de marzo, facendo converxer todas as protestas que se dan en todo o estado, a través de distintas columnas que chegarán á capital dende todos os territorios do estado, esixindo o fin dos recortes nos servizos públicos e en dereitos sociais, laborais e o expolio á clase traballadora que está a impor o actual réxime que está a gobernar en contra do pobo.

Durante a rolda de prensa resaltouse que as Marchas da Dignidade é unha iniciativa aberta á que convidamos a participar a toda a clase traballadora porque estamos convencidas e convencidos de que a loita e a mobilización permanente son o único camiño para que o pobo pare o roubo perpetuado polas élites.

Explicouselle á prensa que para irmos a Madrid, a Plataforma Galega de Apoio ás Marchas está a negociar a contratación dun tren a un prezo asequible, e que as persoas de Pontevedra e arredores interesadas en viaxaren neste tren deberán reservar con antelación o seu bono no local sindical da CGT en Pontevedra, na rúa Pasantería, todos os días desde as 19 ás 21h ou chamando ao 606595310 ou 628685445.
Tamén se lles comunicou que o vindeiro xoves 27 de febreiro haberá a partir das 20:30h unha nova asemblea aberta para artellar e organizar na cidade de Pontevedra as Marchas da Dignidade.
Algúns medios como Pontevedra Viva, Faro de Vigo ou Diario de Pontevedra recollen a nova na súa edición dixital.

RADIO REDONDELA DIFUNDE HOXE O TRABALLO E ÁS MOVILIZACIONS DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. Entrevista en directo no magazine matinal "A Estación".

video

(07:56 minutos de audio)

Máis novas recollidas na prensa dixital viguesa sobor da manifestación en apoio ás Marchas da Dignidade o mércores 26, que sairá ás 20h. dende a Praza de Fernándo o Católico:

domingo, 23 de febreiro de 2014

Reparto de follas informativas e rolda de prensa en Pontevedra

Este sábado 22 de febreiro en Pontevedra, coincidindo cunha concentración en defensa da sanidade pública, as persoas que formamos parte da Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade na cidade estivemos informando a veciñanza e repartindo unhas follas informativas sobre as marchas e a manifestación de apoio do vindeiro mércores 26 de febreiro.
O retraso no comezo da campaña das Marchas da Dignidade en Galiza e o apagón informativo dos medios están a facer que a iniciativa sexa practicamente descoñecida pola veciñanza, así o puidemos constatar durante o reparto das follas informativas. Malia isto, a veciñanza pareceu recibir ben a iniciativa e amosou o seu interese en coñecer en que consisten as Marchas, ficando emprazadas a participaren na manifestación do mércores 26 de febreiro ás 20h desde a praza da Peregrinas  e a acudiren á asemblea do xoves 27 ás 20:30 no salón de actos do edificio de sindicatos.


Para superarmos o apagón informativo respecto ás marchas o grupo de apoio de Pontevedra imos celebrar unha rolda de prensa este luns, 24 de febreiro, ás 12h no salón de actos do edificio de sindicatos na rúa Pasantería. Convidamos, pois, a todas aquelas persoas e colectivos interesados nas marchas a participar e acudir á rolda de prensa.

venres, 21 de febreiro de 2014




ACTO DE APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE 
MARTES DIA 25 DE FEBREIRO ÁS 20:00 HORAS NO AUDITORIO DO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA
REDONDELA

Intervirán:

Xan Carlos Costoya (Sindicato Ferroviario Intersindical)
Estela Miller (Esquerda Unida)
Manolo Camaño (CUT)

PODEDES COMPARTIR O CARTAZ DAS CAMISOLAS. ¡¡A QUE ESPERADES!!


Deica o martes. "PEGADA A TODO TREN"


As Ferroviarias e os Ferroviarios xa saben. dende hoxe que....,
O MERCORES 26 EN VIGO ás 20h. Todos e Todas na Praza de Fernándo o Católico
e, o 22M ,os galegos e as galegas, todas e todos, imos a Madrid. POR DIGNIDADE.

 




video de apoio ás Marchas da Dignidade

video realizado desde a CUT de apoio ás Marchas da Dignidade

http://www.youtube.com/watch?v=ArRjrU53bEg


CONSTITUÍDA A PLATAFORMA DA COLUMNA GALEGA EN PONTEVEDRA COMARCA

Folla informativa
Este martes 20 de febreiro tal como se tiña anunciado celebrouse unha asemblea no salón de actos do edificio de sindicatos de Pontevedra. Durante o trascurso da asemblea informouse a aquelas persoas e colectivos que se achegaron en que consisten as marchas e que outras columnas, ademais da galega, sairán cara a Madrid desde outros territorios do estado.
Como noutras cidades, en Pontevedra, tamén haberá unha manifestación de apoio ás marchas este mércores 26 de febreiro con saída desde a Praza da Peregrina ás 20h. Para anunciar esta manifestación ademais de megafonía, cartelería e pancartas pola cidade e contorna, haberá tamén un grupo de persoas este sábado 22 a partir das 12h repartindo follas informativas e informando a todas aquelas persoas interesadas en coñecer a iniciativa.
Ademais de facer un chamamento a veciñanza a acudir á manifestación tamén se quere animar a todas aquelas persoas e colectivos interesados a participar nunha nova asemblea aberta a celebrar o xoves 27 a partir das 20:30 no salón de actos do edificio de sindicatos de Pontevedra.

xoves, 20 de febreiro de 2014

chamado á participación na Marcha Galega da Dignidade


Video da Rolda de prensa do mércores 19 en Vigo, chamando a participar nas Marchas da Dignidade, que culminarán en Madrid desde os distintos puntos do estado español, o vindeiro 22 de marzo.  

Temos que levar á rúa de maneira masiva, as distintas problemáticas que están a golpear aos galegos e ás galegas: Desemprego, precariedade laboral, a represión, a fame, as hipotecas, a estafa bancaria, falta de vivenda, roubo aos/ás emigrantes retornadas, etc....

http://www.youtube.com/watch?v=sNqdJlTXhnA

A Plataforma creada en Vigo onte, na prensa dixital de Vigo hoxe.



A constitución, en Vigo  da Plataforma en apoyo das marchas da dignidade na prensa dixital hoxe:

          Publicado por: Redacción Noticias Vigo 20/02/2014 en Actualidade