xoves, 23 de febreiro de 2017

CONSENSUAMOS O MANIFESTO QUE SE LERÁ Ó FINAL DA MANIFESTACIÓN DO 25F………. TEMOS CARTAZ MUSICAL PARA O ACTO FINAL E TAMEN TEMOS CHAPAS CONMEMORATIVAS DESTA MOBILIZACIÓN ….Imosssss

A lectura do MANIFESTO consensuado para o remate da mobilización, nos xardins de Méndez Núñez, correrá a cargo da compañeira VICTORIA PORTAS voceira de MODEPEN.

Xunto a Manolo Bacalhau, Antón Valcarce e a Fanfarria Taquikardia, incorporase unha muller ó cartaz de artistas que de forma totalmente altruista queren contribuir e participar desta grande mobilización Nacional: 
A poeta, e artísta Coruñesa: 

E temos "merchandaising" para axudar a sufragar gastos.... Por 1 Euro pódese adquirir a chapa conmemorativa desta que, sen dúbida vai a ser, unha histórica mobilización Nacional na cidade da Coruña.
 
….Imosssss!!!!
O 25F TOD@S Á CORUÑA
EN DEFENSA DAS PENSIONS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS.



A PLATAFORMA DO MORRAZO XA TEN A SÚA FAIXA PARA PASEAR O 25F POLAS RÚAS DA CORUÑA EN DEFENSA DAS PENSIONS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS.

Non van caber todxs tras dela. Xa completaron 3 autobuses e van polo cuarto!!!
Nova no Faro de Vigo de onte: “La CUT anuncia autobuses desde O Morrazo para las Marchas da Dignidade en A Coruña” http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/02/21/cut-anuncia-autobuses-o-morrazo/1627576.html

martes, 21 de febreiro de 2017

O MONFORTINO ANTON VALCARCE E O FERROLAN MANOLO BACALLAU PECHARAN O ACTO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE O 25 DE FEBREIRO NO PALCO DA MUSICA DOS CANTONS. A FANFARRIA TAQUIKARDIA ACOMPAÑARÁ ÁS COLUMNAS EN TODO O PERCORRIDO DA MARCHA POLAS RÚAS DA CORUÑA EN DEFENSA DAS PENSION E DOS SERVIZOS PUBLICOS….Imossss!!!!!!! O 25F TOD@S Á CORUÑA


ANTÓN VALCARCE                        MANOLO BACALLAU
https://vimeo.com/89419025                       https://www.youtube.com/watch?v=ynCy5BZk0WQ






ONTE, XUNTANZA NO CONCELLO DA CORUÑA DE UNHA DELEGACIÓN DA COLUMNA GALEGA DAS MMdD CO REXIDOR XULIO FERREIRO PARA PRESENTAR A MOBILIZACION QUE TERÁ LUGAR NA CIDADE O VINDEIRO 25 DE FEBREIRO EN DEFENSA DAS PENSIONS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS.







sábado, 18 de febreiro de 2017

O LUNS, 20, ÁS 10;30h., UNHA DELEGACIÓN DA COLUMNA GALEGA DAS MMdD MANTERÁ UNHA XUNTANZA NO CONCELLO DA CORUÑA PARA TRASLADARLLE AO SEU ALCALDE, XULIO FERREIRO, OS PORMENORES DA MOBILIZACION NACIONAL QUE TERA LUGAR NESA CIDADE O 25 DE FEBREIRO EN DEFENSA DAS PENSIÓNS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS. AO REMATE DESTA XUNTANZA HABERÁ UNHA ROLDA DE PRENSA AS PORTAS DO PAZO DE MARIA PITA.

Unha representación das Marchas da Dignidade reunirase co Alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, o vindeiro luns 20 de febreiro ás 10.30 no Concello. O motivo da reunión é para explicar ao rexidor a mobilización do día 25 de febreiro, que traerá á cidade milleiros de persoas de toda Galicia para defender as pensións e os servizos públicos.
A plataforma tamén pedirá o apoio expreso do alcalde e do resto do grupo de goberno a esta manifestación, e animarán a participar na mesma.
Ao remate, haberá unha rolda cos medios por se necesitan coñecer os detalles e motivos da mobilización.

O día 25 de febreiro sairán ás 12.00 horas dúas columnas de manifestantes desde o Pazo da Ópera e o Campo da Leña para confluir na Praza de Ourense e, desde alí, marchar conxuntamente ata o palco da música de Méndez Núñez onde será o acto final.


xoves, 16 de febreiro de 2017

DESENVOLVENDO A FOLLA DE RUTA ACORDADA CON MODEPEN COMENZAN A PENDULARSE EN TODAS AS VILAS GALEGAS AS FAIXAS CHAMANDO AO 25F. O VINDEIRO LUNS NA PRAZA DE MARIA PITA FAREMOS UNHA ROLDA DE PRENSA PARA PRESENTAR A NIVEL NACIONAL A MOBILIZACION DESPOIS DE MANTER UNHA BREVE XUNTANZA CO ALCALDE DA CIDADE, XULIO FERREIRO.

 
 
EN DEFENSA DAS PENSIÓN PRESENTES E FUTURAS
A PROL DOS SERVIZOS PÚBLICOS....
POLO PAN, TRABALLO E TEITO
O 25F  TODAS E TODOS Á CORUÑA
POLA NOSA DIGNIDADE.........IMOSSSSS!!!!


SIGUEN CHEGANDO APOIOS INSTITUCIONAIS Á MOBILIZACIÓN DAS MMdD O 25F NA CORUÑA……………O POBO TEMOS QUE RESPONDER E CORRESPONDER……………TODAS E TODOS Á RÚA……………POLAS NOSAS PENSIONS PRESENTES E FUTURAS, POLOS SERVIZOS PÚBLICOS……………SIN MOBILIZACIÓN NON HAI SOLUCIÓN……………IMOSSSSSS!!!!!





PERCORRIDO DEFINITIVO DAS COLUMNAS O 25F NA CORUÑA.

Informamos sobre o percorrido definitivo comunicado para as dúas columnas na manifestación do 25 de febreiro  que por mor de obras en algunhas rúas da Coruña nos vimos na obriga de modificar pactando co Concello.
Ben é certo que os cambios son pouco importantes, o máis significativo é o inicio da columna 1 que pasa da Estación de San Cristobal ó Pazo da Opera. Información importante para o destino dos autobuses que neste lugar teñen incluso mellor sitio para deixar á xente.
Estos cambios xa foron comunicados a autoridade competente.  Imossss!!!!!

https://www.facebook.com/images/emoji.php/v7/f25/1.5/16/27a1.png Columna 1: Concentración e saída desde o Pazo da Ópera, Avda. Arteixo, Juan Flórez, Marcial del Adalid, Federico Tapia, Fontán hasta a súa chegada á Praza de Ourense.
NO PAZO DA OPERA TERÁN O PUNTO DE ENCONTRO AS COMARCAS QUE CONFORMARÁN A COLUMNA 1:  Ourense, O Carballiño, O Ribeiro, Vigo, Morrazo, Pontevedra, Arousa, Barbanza, Compostela e A Estrada-Lalín.

https://www.facebook.com/images/emoji.php/v7/f25/1.5/16/27a1.png Columna 2: Concentración e saída desde Campo da Leña, Panadeiras, Orzán, Pórtico de San Andrés, San Andrés, Praza de Pontevedra, Teresa Herrera, Praza de Lugo, Padre Feijoó e desembocadura na Praza de Ourense (coincidindo coa primeira columna nese punto).
NO CAMPO DA LEÑA TERÁN O PUNTO DE ENCONTRO AS COMARCAS QUE CONFORMARÁN A COLUMNA 2 :  A Coruña, Ferrol,  Monforte, Sarria, Lugo e a Mariña.
https://www.facebook.com/images/emoji.php/v7/f82/1.5/16/1f469_200d_1f469_200d_1f467_200d_1f467.png👩 Marcha conxunta das dúas columnas: A partir da Praza de Ourense, as columnas van xuntas por Sánchez Bregua, Praza de Mina, Cantón Pequeno, Cantón Grande, Obelisco e remate en Méndez Núñes onde será o acto final.
Desculpade os cambios xurdidos polos imponderables denantes comentados.

A DEZ DÍAS DA MOBILIZACIÓN, O MORRAZO ENCHE O PRIMEIRO AUTOBÚS PARA O 25F NA CORUÑA

O Morrazo traballa arreo para o 25F.  Onte, dende a Plataforma Comarcal do Morrazo, confirmaron a nova:
“No Morrazo xa temos cheo o primeiro autobús de cincoenta e cinco prazas, para a mobilización da Coruña o sábado 25.
O obxectivo é superar a asistencia do Encher o Obradoiro que fóramos catro autobuses.”

Quen dixo que a xente non quere mobilizarse?
Quen dixo que as MMdD están amortizadas? 
Anótate xa!, ti tamén, na túa comarca. Velaiquí como facelo:


O 25F, A DIGNIDADE GALEGA ESTARÁ NAS RÚAS DA CORUÑA EN DEFENSA DAS PENSIÓNS E DO PÚBLICO.  
Imossss!!!

mércores, 15 de febreiro de 2017

HORARIOS, PREZOS, CONTACTOS E RUTAS DOS AUTOBUSES PARA O 25F


                             O MORRAZO                    COMPOSTELA -BARBANZA
 

MONFORTE-SARRIA-LUGO                    OURENSE-O CARBALLIÑO- O RIBEIRO








martes, 14 de febreiro de 2017

CONFORMACIÓN DAS COLUMNAS NA CORUÑA O 25F....EN DEFENSA DAS PENSIONS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS.

A COLUMNA "A"  partirá ás 12 da mañá da Estación ferroviaria de S. Cristobal (Ronda de Outeiro) marchando por Capitán Juan Varela, Monforte, Fernando Rey, Juan Florez, Marcial de Adalid, Federico Tapia e Fontan ate a PRAZA DE OURENSE donde confluirá ca columna B.
Esta columna estará composta pola xente das comarcas seguintes: Ourense, O Carballiño, O Ribeiro, Vigo, Morrazo, Pontevedra, Arousa, Barbanza, Compostela e A Estrada-Lalín.  Os distintos autobuses fletados dende estas comarcas dirixiranse ao Estación ferroviaria de San Cristobal.
 A COLUMNA "B" partirá ás  12 da mañá do Campo da Leña marchando por Panaderas, Cordonería,  San Andrés, Praza de Pontevedra,, Teresa Herrera, Praza de Lugo, Padre Feijoo, ate a PRAZA DE OURENSE.
Esta columna a formará a xente das comarcas de: A Coruña, Ferrol,  Monforte, Sarria, Lugo e a Mariña.  Os distintos autobuses fletados dende estas comarcas dirixiranse ao Campo da Leña
Ás 12,30 da mañá, na PRAZA DE OURENSE, as dúas columnas formarán unha sóa que  marchará ate os Xardíns de Mendez Núñez polas rúas Sánchez Bregua, Praza de Mina, Cantón Pequeno e Cantón Grande.

Ás 13,00 horas terá lugar o peche do acto nos XARDINS DE MENDEZ NÚÑEZ donde presentará e amenizará o noso amigo contacontos, Lois Pérez Díaz, como xa o fixera no "Rodea a Muralla" en Lugo. A Lectura do manifesto correrá a cargo de unha persoa designada por MODEPEN.

A hora para retornar acordarase en cada autobús, Non está previsto facer comida conxunta polo que se recomenda levar bocadillo.


mércores, 8 de febreiro de 2017

HOXE ESTIVEMOS FRONTE AO PARLAMENTO GALEGO CON MODEPEN E OS YAYOFLAUTAS CONCENTRADOS EN DEFENSA DAS PENSIONS. XUNTO CON ESTAS ORGANIZACIONS E TODAS AS QUE FORMAN PARTE DA COLUMNA GALEGA DAS MMdD MARCHAREMOS O 25 DE FEBREIRO POLAS RÚAS DA CORUÑA A PROL DAS PENSIÓNS, EN DEFENSA DO PÚBLICO. Imosss!!!!!!

O  25 de febreiro (o 28 en Andalucía), as Marchas da Dignidade van facer mobilizacións en todo o  estado pola defensa das pensións e dos servizos públicos. En Galicia, a mobilización será na Coruña. Haberá buses desde toda Galicia para mobilizarse  ese día ás 12:00 pm e reivindicar pan, traballo e teito para todas as persoas, como fixemos nas anteriores ocasións. Tamén poderán acudir en tren as persoas que o desexen.
A  Troika, é dicir, o poder económico, segue a mandar sen que ninguén os elexira para elo, e xa están a pedir recortes nas pensións, sanidade, educación e servizos públicos en xeral.  Piden recortes de máis de 8.000 millóns de euros mentres o estado rescata autoestradas de empresas amigas. A loita institucional non pode frear a Troika, é  necesaria a mobilización social para facerlles fronte. As institucións so poden chegar ata un punto, se chegan, a rúa ten que chegar moito máis aló.
En canto cheguen as medidas neoliberais impostas polo poder económico, PSOE+PP+CIUDADANOS van facer causa común para impoñelas, porque son os capataces da obra, os lacaios do poder  económico. E iso sin contar outras forzas como PNV ou a antigua Converxencia. Que ninguén pense que so coa loita institucional podemos gañar, as  institucións están para perpetuar o sistema, non para derrotalo, e nós  queremos derrotalo e poñelo ao servicio da xente.
É necesario que as Marchas da Dignidade, o movemento de loita unitaria, collan cada vez máis forza e sexamos quen de aunar o maior  número de loitas posible. A unidade nas loitas é o único camiño.  
E por iso que hoxe estivemos no fronte ao Parlamento con MODEPEN e os YAYOFLAUTOAS concentrados en defensa das Pensións, apoiando a campaña descentralizada que, a nivel estatal, tiñan convocada fronte aos parlamentos nacionais, rexionais e autonómicos en todo o estado a Coordinadora Estatal pola defensa do sistema público de pensions.


OCTAVILLA CON TELEFONOS DE CONTACTO PARA RESERVA DE PLAZA NOS AUTOBUSES Á CORUÑA O 25F


 
VIGO-PONTEVEDRA E COMARCA DESCARGA AQUÍ A OCTAVILLA EN PDF.